Neste traballo explórase a viabilidade dun proceso de permuta de uso das parcelas entre múltiplesparticipantes como ferramenta para reducir a fragmentación do uso da terra e mellorar a estrutura parcelaria das explotacións. Trátase de identificar os criterios e variables máis relevantes a hora de realizar un proceso deste tipo, desde a perspectiva das explotacións de gando vacún, co obxectivo adicional de que o coñecemento xerado sirva de base para o deseño de ferramentas informáticas de apoio. A través da realización de entrevistas e a análise cualitativa dos resultados obtidos, quedou patente que a marxe de mellora da base territorial das explotacións existe e que a práctica da permuta non é totalmente allea ao sector. O traballo permitiu explorar cales serían as principais vantaxes e inconvenientes dun proceso destas características desde a perspectiva dos seus potenciais beneficiarios.
scite is a Brooklyn-based organization that helps researchers better discover and understand research articles through Smart Citations–citations that display the context of the citation and describe whether the article provides supporting or contrasting evidence. scite is used by students and researchers from around the world and is funded in part by the National Science Foundation and the National Institute on Drug Abuse of the National Institutes of Health.