Nun número considerábel de linguas, existen operacións morfosintácticas que alteran a codificación do segundo argumento transitivo, de modo que pasa a marcarse mediante unha preposición ou caso oblicuo. Esta modificación da transitividade ten consecuencias semánticas, nomeadamente en relación ao grao de efectividade do evento expresado polo verbo. Aínda que os detalles con que cada lingua materializa esta operación varían, hai pautas a nivel interlingüístico claramente identificábeis. A principal delas é a degradación sintáctica e semántica do segundo argumento, que se asocia á perda de prominencia discursiva deste participante. O propósito desta contribución é explorar liñas de converxencia entre as construcións das diferentes linguas, co obxectivo de poderen ser tratadas de maneira conxunta. Para isto, é preciso abstraerse dos pormenores das realizacións particulares. Deste modo, cada construción concreta revélase como a manifestación dunha operación máis xeral, moi estendida entre as linguas, de democión do segundo participante. No desenvolvemento deste artigo, trataranse as alternancias antipasiva e conativa e a construción con preposición en do galego, atendendo á súa sintaxe e semántica e examinando a relación destes esquemas gramaticais coa transitividade.
O tratamento das unidades multipalabra é unha tarefa inconclusa no procesamento da linguaxe natural. Neste contexto, illámo-las denominacións de nomenclatura científica binomial, cuxas principais características —expresións multipalabra latinas ou latinizadas e aceptación internacional— as afastan do acervo léxico do galego e converten o seu tratamento en extrapolable a outras linguas. Tras revisa-la súa caracterización no CORGA e noutros corpus peninsulares, propoñemos analizalas como un subtipo específico de substantivos, nomenclatura científica, sen concretar valores de xénero nin número. Describimos logo as actuacións desenvolvidas no kérnel ou núcleo e mais no corpus de adestramento para integra-la nova etiqueta no sistema XIADA e, a continuación, avaliamos dúas estratexias para a detección de candidatos: unha ferramenta específica para a súa extracción e inventarios dispoñibles en Internet. Por último, á luz dos datos que proporciona o CORGA, constatamos unha presenza notable de termos científicos binomiais e demostrámo-la importancia da nova etiqueta para a súa identificación e distribución.
scite is a Brooklyn-based organization that helps researchers better discover and understand research articles through Smart Citations–citations that display the context of the citation and describe whether the article provides supporting or contrasting evidence. scite is used by students and researchers from around the world and is funded in part by the National Science Foundation and the National Institute on Drug Abuse of the National Institutes of Health.