Moitos textos da literatura infantil, pola súa relación cos propósitos formativos, valoraron certos puntos de vista consistentes coas comunidades socio-culturales e os valores ideolóxicos dominantes. Isto non impide, non obstante, que algúns dos textos, máis alá da afirmación de certos mundos posibles, tamén conteñan unha considerable dimensión emancipadora. O artigo presenta e analiza seis álbumes narrativos infantís, publicados na Península Ibérica, algúns dos cales son traducións de obras estranxeiras importantes (La princesa Listilla, Babette Cole, 2004; El libro de los cerdos, Anthony Browne, 2006), onde se cuestionan os modos convencionais de representar o xénero, o que permite ao lector pensar outras formas de considerar a construción social e cultural de xénero, lonxe dunha concepción patriarcal e tradicional.