“…No modelo conceptual da tripla hélice (Etzkowitz e Leydesdorff, 2000), os parques científicos e tecnolóxicos combinan as dimensións industria, goberno e universidade/centros de investigación nunha interconexión que ten como obxectivo a promoción da innovación. Este modelo, cuxo resultado non sempre é positivo (Amarahmadi e Saff, 1993), ten como función proporcionar un ambiente axeitado para a innovación das empresas aí situadas, innovación que se avalía xeralmente na literatura polo resultado no número de patentes solicitadas e/ou aprobadas (Colombo e Delmastro, 2002;Lamperti, Mavilia e Castellini, 2015;Liberati, Marinucci e Tanzi, 2016;Löfsten e Lindelöf, 2002;Monck et al, 1988;Motohashi, 2013;Siegel, Westhead e Wright, 2003).…”