“…Estudos posteriores evidenciaron o acertado desa recomendación xa que as caducifolias son xeralmente menos propensas ao lume, en termos de menor superficie relativa afectada (Moreira et al 2009, Barros e Pereira 2014, Calviño-Cancela et al 2016, Fernandes et al 2016b, Chas-Amil et al 2020, menor nivel de dano nas masas afectadas (Fernandes et al 2010) e menor velocidade de propagación e intensidade do lume (Forestry Canada Fire Danger Group 1992, Arellano et al 2017. Con todo, esa resposta comparativa non é invariante e, como se ten visto, precisa de importantes matizacións (Fernandes 2009, Fernandes e Guimoar 2017, Fernandes et al 2019, Barros e Pereira 2014, Arellano et al 2017, Picos et al 2019. Tamén as caducifolias ofrecen unha maior resiliencia fronte ao lume pola súa facultade de rebrote (Vallejo e Alloza 1998, Vallejo et al 2004, Valdecantos et al 2008, Hammett et al 2017, Hart et al 2018, aínda que a síndrome de esgotamento da capacidade rebrotadora está tamén presente, tras elevada recorrencia do lume, e pode agravarse no futuro polo cambio climático (Karavani et al 2018, Fairman et al 2019.…”