“…En segundo lugar, aínda que o incremento de peregrinos podería incentivar iniciativas locais (Montes, 2015), as evidencias das análises efectuadas non parecen apuntar nesa dirección. Tampouco parece que as localidades vinculadas ao Camiño Primitivo se vexan afectadas negativamente por unha excesiva turistificación da ruta, como apuntarían algúns autores (López, Pazos e Piñeiro, 2019;Martín-Duque, 2017), e por unha degradación de recursos (Martín e Morère-Molinero, 2019). Máis ben, ocorre o contrario: a dureza do Camiño Primitivo e a popularidade doutras rutas estarían a amortecer esa situación, ao que hai que engadir, neste momento, o efecto desincentivador da pandemia da COVID-19.…”