Neste traballo achegamos a edición das notas marxinais coetáneas conservadas nos folios galegos da Historia Troiana (séc. XIV), a maior parte delas aínda inéditas, así como a descrición dos seus caracteres externos, das súas funcións e do xeito en que se adaptaron na escritura principal ou decorativa do manuscrito.