“…Na literatura de sistemas rexionais de innovación está claramente asentada a idea de que a dimensión rexional permite definir políticas de innovación máis acaídas para apoiar a competitividade do seu tecido produtivo, debido a que conta cun mellor coñecemento das súas necesidades e capacidades, o que permite afinar os instrumentos e medidas para reforzar a interacción entre o tecido industrial e os demais elementos do sistema rexional de innovación (Brujin e Lagendijk, 2005;Cooke, 1998;Martin e Trippl, 2013;Vence, 1998Vence, , 2007. Así mesmo, existe un consenso xeneralizado de que non existe unha política de innovación estándar que poida ser aplicada a todo tipo de rexións (Asheim, Moodysson e Tödtling, 2011;Boschma, 2009;Camagni e Capello, 2012;Foray, David e Hall, 2009;Foray e Van Ark, 2007;Isaksen, 2001;McCann e Ortega-Argilés, 2011;Nauwelaers e Wintjes, 2003;Tödtling e Trippl, 2005).…”