“…Os estudos baseados en técnicas cuantitativas son máis escasos (Fleiß et al, 2017). Entre eles, podemos distinguir tamén entre estudos sobre CER xa en funcionamento (Bauwens, 2016;Bauwens e Devine-Wright, 2018;Braito et al, 2017;Fleiß et al, 2017) e aqueles que analizan a intención de participar/investir en CER hipotéticas (Broughel e Hampl, 2018;Kalkbrenner e Roosen, 2016;Koirala et al, 2018;Salm, 2018;Salm, Hille e Wüstenhagen, 2016). Ningún destes estudos cuantitativos está, con todo, especificamente centrado en CER de tipo xeográfico nunha contorna rural.…”