Por FERNANDO PEREIRA GONZÁLEZ Cando tratamos coa historia da arqueoloxia galega durante o século XIX, axiña salientan, a partir da segunda metade desa centuria, os nomes de tres personaxes fundamentáis no desenvolvemento da arqueoloxia na Galicia decimonónica: José Villaamil y Castro, Manuel Martínez Murguía e Leandro Saralegui y Medina. Pódese dicir-aínda a risco de esquecer outras figuras importantes como Ramón Barros Sivelo, Eladio Oviedo Arce, Marcelo Macías e a Comisión Provincial de Monumentos de Ourense, a Sociedad Arqueológica de Pontevedra ou os primeiros pasos de Federico Maciñeira-que estes tres homes xogaron un papel fundamental na práctica e na popularización da arqueoloxia no noso país durante o século pasado, aínda que en cada caso particular isto foi debido a motivos un tanto diferentes. Sobre José Villaamil y Castro non hai ningunha dúbida de que el foi o personaxe mais senlleiro da arqueoloxia galega durante a segunda metade do século XIX; foi el quen levou a cabo as primeiras escavacións realizadas en Galicia cun carácter mínimamente científico (ó longo das décadas de 1860 e 1870), seguindo os métodos e as ideas vixentes na arqueoloxia prehistórica noutros países europeos. Foi tamén el o primeiro en aplicar a Galicia o concepto de Prehistoria, e o primeiro en tentar definí-las etapas da prehistoria galega. Ademáis foi un dos principáis "
foi un dos personaxes mais senlleiros da cultura galega durante a segunda metade do século XIX e as dúas primeiras décadas do presente. Chamado, con xustiza, ó fmal da súa longa vida «O Patriarca», a súa obra e as súas actividades vitáis abranxeron múltiples aspectos, en moitos dos cales deixou unha importante pegada: escritor, xornalista, arquiveiro e bibliotecario, historiador, estudioso da cultura popular galega, afeccionado á arqueoloxía, crítico literario, político, animador cultural... A súa producción intelectual, pois, caracterízase non só pola súa dimensión cuantitativa, senón, e sobre todo, pola súa grande trascendencia cualitativa que amosou de cara ó porvir (Velasco Souto, 1998:23).Por salientar só dous ámbitos nos que a súa influencia se demostrou especialmente importante e duradeira, foi Murguía -como ten demostrado Ramón Máiz-o primeiro teorizador da nacionalidade galega, da súa fundamentación e da súa xustifícación; teorización que en esencia sería recollida posteriormente polo nacionalismo galego no século actual. Ademáis, como historiador, a súa visión da historia de Galicia en boa parte segue a estar presente hoxe en día e, para ben ou para mal, continúa influenciando a maneira en como os galegos e as galegas concibimos o noso pasado.
ResumoO artigo analiza as ideas de Lorenzo Hervás y Panduro acerca dos celtas e céntrase especialmente nas súas opinións sobre o asentamento de xentes celtas en territorio galego. Os dous trazos que salientan do celtismo deste autor son a importancia dos datos lingüísticos e o aproveitamento de lendas irlandesas como a de Breogán para construír con elas un relato histórico relativo ás migracións célticas na Antigüidade. Palabras chaveLorenzo Hervás y Panduro; Celtas; Lebor Gabála Érenn. AbstractThe aim of this paper is to study Lorenzo Hervás y Panduro's ideas about the Celts, focusing particularly on his opinions about the settlement of Celtic peoples in Galician territory. Two features of his Celticism are highlighted here: the relevance of the linguistic data and the use of gaelic legends to build a historical narrative about ancient celtic migrations.
scite is a Brooklyn-based organization that helps researchers better discover and understand research articles through Smart Citations–citations that display the context of the citation and describe whether the article provides supporting or contrasting evidence. scite is used by students and researchers from around the world and is funded in part by the National Science Foundation and the National Institute on Drug Abuse of the National Institutes of Health.
customersupport@researchsolutions.com
10624 S. Eastern Ave., Ste. A-614
Henderson, NV 89052, USA
This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.
Copyright © 2025 scite LLC. All rights reserved.
Made with 💙 for researchers
Part of the Research Solutions Family.