Léxico dispoñible do galego, de Belén López Meirama e María Álvarez de la Granja, conforma a monografía 71 dos Anexos da revista Verba que viu a luz no pasado ano, en 2014. Este volume, tal e como se advirte nos "Agradecementos", é o resultado dun proxecto de investigación financiado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia entre 2008 e 2011, que constitúe a segunda parte doutro proxecto maior en que se enmarca, como é o do Léxico disponible en el español de Galicia (Meirama 2008). Así pois, estamos ante unha continuación dun traballo sólido sobre a dispoñibilidade léxica, en que agora o epicentro da investigación é puramente a lingua galega.Alén da presentación da investigación, este proxecto ten unha vertente práctica de aplicabilidade máis universal que o propio texto científico en que se expoñen os datos, xa que o resultado final deste estudo consiste na elaboración dun dicionario en que se recompilen as listaxes do léxico dispoñíbel en galego. Este dicionario, denominado Dispogal, preséntase en versión dixital, a se erixir como unha valiosa ferramenta nos estudos lexicográficos galegos. Alén disto, a través da versión electrónica do libro (tamén editado en formato papel), pode accederse a unha grande riqueza de materiais en ".pdf", que nos explican a xénese da elaboración deste catálogo de voces e que resulta de grande utilidade para realizar futuros traballos lingüísticos.A nos centramos xa nas diversas partes que conforman o volume que estamos a recensionar, observamos que este se estrutura á volta de tres capítulos principais, precedidos por unha introdución e aos cales seguen a presentación dos anexos e das referencias bibliográficas.En primeiro lugar, na "Introdución" (páxs. 7-9) as autoras realizan unha breve aproximación teórica ao marco epistemolóxico en que fundamentan este traballo, como é o da dispoñibilidade léxica. Tal e como nos indican, estes estudos apareceron en Francia nos anos 50 do século xx coa finalidade de facilitar a adquisición do francés aos habitantes da Unión Francesa. As análises estatísticas anteriores baseá-banse unicamente no criterio da frecuencia, segundo a maior ou menor ocorrencia Rev Gal Filo, 2015, 16: 211-216
Este trabalho analisa a forma, a função e o significado do sufixo -il formador de adjetivos deverbais, e por vezes desubstantivais, no galego-português medieval, com a finalidade de observar a sua produtividade na formação de vozes sufixadas, e a sua comparança com o sufixo latino -ilis de que deriva (e proveniente de diferentes origens). Para levar a cabo este estudo partimos do Corpus do Galego-Portugués Antigo, que nos permitirá verificar o grau de produtividade ou de rentabilidade deste sufixo.
O documento manuscrito que presentamos a seguir constitúe un fito na nosa historiografía teatral: a Memoria crítico-bibliográfica sobre el Teatro Regional Gallego, de Uxío Carré Aldao. Este ensaio ficou relegado ao ámbito máis privado, polo que non se soubo da súa existencia até hai ben pouco; na actualidade consérvase no arquivo familiar ‘Leandro Carré’, que custodia D.ª Adela Carré, e do que existe unha copia na Biblioteca-Arquivo ‘Francisco Pillado Mayor’ (UDC). Con esta edición ofrecemos o que constitúe un dos primeiros textos teóricos conservados sobre os inicios do teatro galego contemporáneo, cuxa importancia radica non só na multitude de datos que se fornecen sobre as obras existentes, as representacións, o periplo vital do teatro galego… senón, sobre todo, porque os feitos son contados por un dos actantes desa historia, Uxío Carré Aldao (A Coruña, 1859-1932)
Recensión: Gerardo Pérez Barcala, A tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Rufo, A Coruña, Fundación Barrié, 2013, 712 páxinas.
Recensión: Goretti Sanmartín Rei, Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación, Vigo, Xerais, 2009, 175 páxinas.
scite is a Brooklyn-based organization that helps researchers better discover and understand research articles through Smart Citations–citations that display the context of the citation and describe whether the article provides supporting or contrasting evidence. scite is used by students and researchers from around the world and is funded in part by the National Science Foundation and the National Institute on Drug Abuse of the National Institutes of Health.
customersupport@researchsolutions.com
10624 S. Eastern Ave., Ste. A-614
Henderson, NV 89052, USA
This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.
Copyright © 2024 scite LLC. All rights reserved.
Made with 💙 for researchers
Part of the Research Solutions Family.