“…Por outra banda, teses como a de María de los Ángeles Piñeiro, centrada na Política Pesqueira Común e as comunidades costeiras de Galicia (2015), e publicacións relacionadas coa pesca e as comunidades costeiras seguen a manter viva esta liña de investigación dentro do grupo (Felicidades e Piñeiro, 2017;Piñeiro e Lois, 2018;Piñeiro, Durán e Santos, 2018;Piñeiro, Felicidades e O´Keefe, 2018). Fonte: Piñeiro, 2015. Na actualidade o grupo colabora na redacción do Pacto Local polo Territorio Costeiro Sostible, coordinado polo Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) Costa Sostible, unha estratexia de desenvolvemento para esta zona de pesca no litoral da provincia da Coruña.…”