Partindo dunha comparación entre a lingua de N e a de B/V e complementándoa cos resultados dun traballo (feito en colaboración con P. Lorenzo) sobre as formas de P1 e P3 dos perfectos fortes en A, por unha banda, e B/V, pola outra, preséntase a hipótese de que A e N ofrecen un modelo lingüístico "galego", fronte a B/V (e, como mostra orixinal, D), que son froito dun proceso de adaptación á norma portuguesa que se estaba impoñendo na corte de D. Denis.