ResumoNas últimas décadas, foi aumentando a importancia das estratexias baseadas nos recursos endóxenos como forma de desenvolvemento das áreas rurais, sobre todo aquelas relacionadas co turismo. Así, a posta en valor de Itinerarios Culturais considérase unha ferramenta importante para o posicionamento territorial e o impulso de oportunidades empresariais neses espazos. O Camiño de Santiago, o máis coñecido dos Itinerarios Culturais Europeos nos que participa Galicia, constitúe un instrumento desexado por moitos territorios galegos que enfrontan problemas de perda de poboación e competitividade rural, a pesares de que gran parte dos municipios do interior por onde pasa o Camiño continúan nunha profunda crise económica e demográfica. A través do estudo de caso centrado no municipio de Arzúa, veremos que a integración real de elementos identitarios e recursos locais na estratexia de desenvolvemento turístico vinculado ao Camiño resulta fundamental para que este recurso xere impactos económicos no territorio. Palabras chave: Itinerario Cultural, camiños de Santiago, posicionamento territorial, marcas territoriais, Arzúa. AbstractIn recent decades, the importance of strategies based on the endogenous resources for the development of rural areas has grown, particularly those related to tourism. Thus, the enhancement of Cultural Routes is considered an important tool for the territorial positioning and the promotion of new business opportunities in rural areas. The best known European Cultural Routes which Gali-Rocío Toxo-AsoRei; inês GusmAn: O posicionamento territorial a partir dos Itinerarios Culturais: o caso de Arzúa nos camiños de Santiago cia participates is the Saint James Way, which represents an instrument desired by many Galician territories that suffer from population decline and rural competitiveness problems, even though a large part of the inland municipalities which the Way passes through continue to undergo a deep economic and demographic crisis. A case study focused on the municipality of Arzúa will show us how the true integration of identity elements and local resources in the tourism development strategy linked to the Way is essential to generate economic impacts of this resource on the territory.
ResumoA literatura recente sobre migracións rurais en Europa centra o seu interese en coñecer as motivacións da poboación nova para emigrar e as consecuencias que iso ten para o desenvolvemento económico das rexións. Sen embargo, en Galicia existe unha importante carencia de investigacións centradas no éxodo da poboación do rural galego no século XXI, un feito que contrasta cos numerosos estudos realizados sobre a emigración histórica a América e a Europa. Tomando como referencia a clasificación dos concellos galegos segundo o grao e o subgrao de urbanización, realizouse unha caracterización dos movementos migratorios da poboación menor de 35 anos con orixe nas zonas pouco poboadas de Galicia. Desta maneira, preténdese que este artigo contribúa ao coñecemento dos factores que están detrás da forte perda de poboación nas zonas rurais no presente século, aspectos que resultan cruciais para poder afrontar os desafíos formulados polo problema demográfico. Palabras chave: migración, éxodo rural, poboación xove, Galicia, século XXI. AbstractThe recent literature on rural migrations in Europe focuses on knowing the reasons of young population for emigrating and their consequences in the economic development of the regions. However, in Galicia there is a significant lack of research focused on the exodus of the Galician rural population in the 21st century, a fact that contrasts with the many studies on the historical migration
scite is a Brooklyn-based organization that helps researchers better discover and understand research articles through Smart Citations–citations that display the context of the citation and describe whether the article provides supporting or contrasting evidence. scite is used by students and researchers from around the world and is funded in part by the National Science Foundation and the National Institute on Drug Abuse of the National Institutes of Health.
customersupport@researchsolutions.com
10624 S. Eastern Ave., Ste. A-614
Henderson, NV 89052, USA
This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.
Copyright © 2024 scite LLC. All rights reserved.
Made with 💙 for researchers
Part of the Research Solutions Family.