Este proxecto desenvolveuse durante o curso 2018-2019 e ten como obxectivo presentar os resultados dunha avaliación da competencia bilingüe (i.e. galego e castelán) dos escolares galegos ao finalizar a educación secundaria obrigatoria atendendo ao disposto no Decreto 79/2010 (Disposición adicional 2ª). A análise céntrase nas destrezas de produción oral e escrita, por considerar que son as que informan mellor sobre a capacidade comunicativa dos individuos nas dúas linguas oficiais. Complementariamente explórase a competencia léxica e gramatical a través de probas centradas máis en saberes sobre as linguas ca na capacidade para activar eses saberes en contextos comunicativos auténticos. Os resultados obtidos póñense en relación con variables sociodemógraficas, sociolingüísticas e escolares para comprobar o efecto que teñen sobre as diferentes competencias avaliadas. Por último, analízase o perfil competencial dos estudantes e a influencia que tiveron na súa configuración o contexto familiar, pedagóxico e sociolingüístico.
scite is a Brooklyn-based organization that helps researchers better discover and understand research articles through Smart Citations–citations that display the context of the citation and describe whether the article provides supporting or contrasting evidence. scite is used by students and researchers from around the world and is funded in part by the National Science Foundation and the National Institute on Drug Abuse of the National Institutes of Health.
customersupport@researchsolutions.com
10624 S. Eastern Ave., Ste. A-614
Henderson, NV 89052, USA
This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.
Copyright © 2024 scite LLC. All rights reserved.
Made with 💙 for researchers
Part of the Research Solutions Family.