O obxectivo deste artigo é explicar os cambios acontecidos na política galega de innovación durante as dúas últimas décadas. Observamos que esta política xurdiu como unha política de innovación, e non só de ciencia e tecnoloxía, a finais dos anos 90. En certo modo, existe un patrón de continuidade ata o 2009 en que os cambios viñeron determinados en boa medida por procesos de imitación e aprendizaxe, sendo particularmente relevante as interaccións con outros niveis de goberno. Así, a política de innovación española foi moi influente no que se refire ao organigrama institucional de goberno, particularmente ao inicio. A influencia do nivel europeo foi aumentando gradualmente, sobre todo no eido da selección de prioridades e instrumentos, ata chegar ao punto culminante na actualidade coa RIS3. Aínda así, a política galega de innovación foi pouco a pouco consolidando unha dinámica propia, debido aos propios procesos internos de acumulación de experiencias e de aprendizaxe. A partir do ano 2009 prodúcense mudanzas de certo calado, en boa medida debido á crise económica. Esa crise no só significou unha diminución do orzamento público para a innovación, senón que tamén posibilitou un escenario para que puideran aplicarse cambios na orientación ideolóxica e nos instrumentos desta política.
Considerando o coñecemento como motor da innovación nas sociedades modernas queremos repasar as capacidades de Galicia neste ámbito e valorar o nivel actual de aproveitamento das mesmas. A afirmación de que o coñecemento é o motor da innovación nas sociedades modernas poucos se atreven a negala no mundo actual. O que nos interesa aquí é como entendela en Galicia hoxe, a partir dunha observación panorámica do sistema galego de innovación, que atende especialmente aoseu motor universitario. Co gallo dos 25 anos da creación das universidades da Coruña e Vigo, optamos por una análise de presente e de futuro fronte á relembranza do que foi aquel proceso de segregación, do que se ten dito e escrito non pouco.
scite is a Brooklyn-based organization that helps researchers better discover and understand research articles through Smart Citations–citations that display the context of the citation and describe whether the article provides supporting or contrasting evidence. scite is used by students and researchers from around the world and is funded in part by the National Science Foundation and the National Institute on Drug Abuse of the National Institutes of Health.