ResumenNeste artigo concrétanse as características que definen o libro dixital e que lle fan resultar atractivo e útil á comunidade educativa. En primeiro lugar, defínese o libro dixital E-Dixgal e concretan as súas características e os problemas e inconvenientes que nos podemos atopar co seu uso. En segundo lugar, concretar en qué consiste o E-Dixgal e cómo afecta á introdución do devandito proxecto na aula. Finalmente, obsérvase como está a ser a introdución do libro dixital en relación os novos equipos ultraportátiles, as novas apps, a nova ferramenta de autor para crear contido. Palabras claves: Proxecto Abalar, E-Dixgal, integración, competencias dixitais.
AbstractIn this article concretize the characteristics that define the digital book and that do him result appeal and useful to the educational community. Firstly, it defines the digital book E-Dixgal and concretize his characteristics and the problems and inconvenientes that can find us with the his use. Secondly, concretize in qué consists it E-Dixgal and cómo affects to the introduction of the devandito project in the classroom. Finally, it observes how is being the introduction of the digital book in relation the new teams ultraportátiles, the new apps, the new tool of author to create content. Keywords: Project Abalar, E-Dixgal, integration, Digital competences.
IntroducciónNa actualidade, o uso das tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC), tanto na vida persoal como na laboral preséntase como unha destreza básica que dota dunha maior autonomía de competencia ao individuo dentro da sociedade.Dentro do ámbito educativo, consideramos esencial a introdución destas novas tecnoloxías xa non como unha materia illada, senón como unha capacidade transversal básica que non só adquire unha importancia por si mesma, senón na súa aplicación en todos os distintos ámbitos de coñecemento que se abranguen.Estas tecnoloxías poden aumentar as posibilidades didácticas do profesor, ao abrir a porta a novas metodoloxías que permiten un ensino máis personalizado a cada alumno, favorecen o traballo colaborativo, permiten programar actividades que o alumno pode abordar de forma autónoma, etc.A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, coñecida como LOMCE, modificar nalgúns aspectos a anterior LOE. Non introduce cambios no que á competencia dixital do alumnado se refire e si que, por primeira vez, se alude de forma superficial na normativa educativa á competencia dixital docente.Unha das grandes propostas da LOMCE é intensificar o uso das TIC e para isto proponse:• A extensión do concepto de aula no tempo e no espazo:contornas virtuais de aprendizaxe.• A utilización compartida das plataformas dixitais e tecnolóxicas do Ministerio por administracións educativas, centros docentes, profesorado e alumnado. • A selección de recursos dixitais de calidade, e recoñecemento das achegas da comunidade educativa que cumpran certos requisitos de calidade. Para alcanzar este obxectivo en tan curto prazo os profesores, os centros e toda a Comu...