Neste artigo presentamos os principais resultados dos traballos arqueolóxicos realizados nunha serie de asentamentos fortificados situados no sueste da Galiza. Estes, coñecidos na historiografía, levaban tempo, porén, requirindo unha revisión arqueolóxica en profundidade debido á fragmentación dos dados sobre eles. Esta incluíu unha caracterización morfolóxica do sitio e unha análise da materialidade depositada nos museos de referencia. Mentres que a realidade da aparición dunha paisaxe fortificada na época pos-romana en lugares tan próximos como o Val do Douro, por exemplo, é algo asumido, para a historiografía galega esta realidade é descoñecida ou excluída. Ao longo deste texto pretendemos profundar no coñecemento existente arredor desta paisaxe fortificada para a Gallaecia, reformulando algunhas das principais hipóteses historiográficas para este período.
La densidad y las particularidades que los poblados de la Edad del Hierro tienen en Galicia los han convertido en elementos estructuradores del territorio y portadores de una fortísima carga simbólica a lo largo de los siglos, hasta hoy. El duradero e irregular proceso de desaparición del modelo castral hacia una red campesina de asentamientos abiertos en los valles y llanuras parece haberse culminado en la Alta Edad Media, cuando las villae, predecesoras de las aldeas y parroquias de época feudal, son ya la célula de población hegemónica. En el presente trabajo analizaremos el papel social que tenían los castros en el valle del Sarria en esa altura basándonos en el análisis de los documentos del tumbo de Samos y en el estudio histórico del paisaje. [gl] A densidade e as particularidades que os poboados da Idade do Ferro teñen en Galiza convertéronos en elementos estruturadores do territorio e portadores dunha fortísima carga simbólica ao longo dos séculos, até hoxe. O duradeiro e irregular proceso de desaparición do modelo castral cara a unha rede campesiña de asentamentos abertos nos vales e chairas parece terse culminado na Alta Idade Media, cando as villae, predecesoras das aldeas e parroquias de época feudal, son xa a célula de poboación hexemónica. No presente traballo analizaremos o papel social que tiñan os castros no val do Sarria nesa altura baseándonos na análise dos documentos do tombo de Samos e no estudo histórico da paisaxe.
ResumoNo verán de 2013 realizouse a recolleita da microtoponimia de Sálvora e do seu arquipélago, no marco do Proxecto Toponimia de Galicia. O feito de se tratar dun espazo insular que levaba despoboado case medio século dificultou o proceso, porén precisamente por esa excepcionalidade os resultados obtidos teñen un especial valor para as análises tanto filolóxicas como históricas.O presente estudo ten dous bloques fundamentais, denominados Metodoloxía e Análise da toponimia. No primeiro deles explicamos como se realizou o traballo de recolleita, que criterios se adoptaron e que problemas se enfrontaron. No segundo examinamos a toponimia do interior de Sálvora, dos elementos mariños que a rodean e os xenéricos locais utilizados polos informantes. Esta análise achegou diversos datos para o coñecemento dos modelos pasados de poboamento e organización da illa, e de explotación e humanización do mar. A toponimia demostra unha vez máis ter interese máis aló do ámbito estritamente lingüístico. Palabras chaveLingüística, toponimia, microtoponimia, lectura históri-ca da paisaxe, Sálvora AbstractIn the summer of 2013 we collected the microtoponyms of Sálvora and its archipelago, within the framework of Proxecto Toponimia de Galicia. The fact it is an island depopulated for nearly half a century hampered the process, but precisely because of this exceptionality the results obtained have a special value for both philological and historical studies.This study has two main parts, Methodology and Analysis of toponyms. The former explains how data collection was carried out, what criteria were adopted and what problems were faced. The second part examines inland toponyms of Sálvora, maritime toponyms of the surrounding area and local generic words used by informants. The study contributed data pertinent to the patterns of past settlement and organization of the island and the exploration and humanization of the sea. The interest of toponymy for issues beyond the strictly linguistic is reconfirmed.
scite is a Brooklyn-based organization that helps researchers better discover and understand research articles through Smart Citations–citations that display the context of the citation and describe whether the article provides supporting or contrasting evidence. scite is used by students and researchers from around the world and is funded in part by the National Science Foundation and the National Institute on Drug Abuse of the National Institutes of Health.
customersupport@researchsolutions.com
10624 S. Eastern Ave., Ste. A-614
Henderson, NV 89052, USA
This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.
Copyright © 2024 scite LLC. All rights reserved.
Made with 💙 for researchers
Part of the Research Solutions Family.