No abstract
O tema que a organización me suxeriu cando me propuxo participar neste Curso resulta, sen ningunha dúbida, certamente estimulante e suxestivo. Así e todo, debo recoñecer que o abordo non sen certas prevencións, pois, por unha parte, é un terreo moi propicio para exercitar dous xéneros, o pranto e o sermón, que non me gustan demasiado (e por nada do mundo desexaría que esta conferencia se convertese en ningunha destas dúas cousas), e por outra, porque se trata dun campo minado por unha serie de lugares comúns, de afirmacións categóricas que, a forza de seren repetidas, son comunmente aceptadas sen sequera reflexionar sobre delas.Entre os tópicos máis difundidos está sen dúbida a crenza na suposta riqueza lexical do galego. Esta idea, común xa desde os primeiros textos apoloxéticos nacidos á calor da Ilustración 1 , foise transmitindo ata o punto de que aínda hoxe goza de certo predicamento entre algúns entusiastas do galego. Paralelamente, entre os seus detractores, que tamén os hai, e non en cativo número, é tamén común a crenza de que o galego posúe unhas limitacións que fan del unha lingua só apta para certos rexistros ou para tratar de certas materias. Fronte a esta caste de afirmacións, viciadas de raíz por simpatías e antipatías, debemos afirmar, con Jesús Tusón, que "por principio, unha lingua ten exactamente as palabras que ten que ter; as que han de servir ós falantes para nomea-los obxectos e os conceptos que teñen validez no seu entorno" 2 . Un individuo pertencente a unha cultura mariñeira, poño por caso, poderá distinguir ducias de peixes distintos e, en consecuencia, aplicarlles nomes distintos. Para outro que viva lonxe do mar, por riba de todas esas diferencias todo será peixe. Naturalmente isto non quere dicir que esta segunda lingua sexa inferior á primeira. Seguindo coa cita de Tusón, "algunhas linguas nas que, quizais,
Imprime: C/A gráfi ca * Este trabajo se encuadra dentro de los llevados a cabo para el proyecto Nuevo Tesoro Lexicográfi co del Español (s. XIV-1726), que goza de una ayuda del Ministerio de Ciencia y Tecnología (HUM2004-05344).
A aparición, a mediados do século XIX, das primeiras gramáticas do galego propicia a reflexión dos seus autores acerca de dúas cuestións fundamentais: por unha banda, determinar que variedade ou variedades se van empregar como punto de referencia do estudo gramatical e, por outra, decidir se o enfoque con que se vai abordar este será eminentemente descritivo ou de carácter máis ben prescritivo.O traballo analiza o posicionamento de Saco con respecto a estas dúas cuestións, poñéndoo en relación coas opinións dos seus contemporáneos. Neste sentido, canto ao ideal de lingua, o traballo salienta a fidelidade de Saco ao galego rústico e aldeán, que contrasta agudamente coas posicións maioritarias sostidas por outros autores do momento, que manifestan polo xeral uns fortes prexuízos antipopularistas. Por outra banda, constátase tamén a adopción na gramática de Saco dunha perspectiva decididamente descritiva, que se manifesta na incorporación no texto de variantes de diferente tipo (fonético, morfolóxico, léxico) e nunha forte contención dos comentarios de carácter prescritivo.
scite is a Brooklyn-based organization that helps researchers better discover and understand research articles through Smart Citations–citations that display the context of the citation and describe whether the article provides supporting or contrasting evidence. scite is used by students and researchers from around the world and is funded in part by the National Science Foundation and the National Institute on Drug Abuse of the National Institutes of Health.
customersupport@researchsolutions.com
10624 S. Eastern Ave., Ste. A-614
Henderson, NV 89052, USA
This site is protected by reCAPTCHA and the Google Privacy Policy and Terms of Service apply.
Copyright © 2024 scite LLC. All rights reserved.
Made with 💙 for researchers
Part of the Research Solutions Family.